Tuesday 17 de September de 2024

O aparcadoiro do Centenario xa opera as 24 h dos sete días da semana Ribeira 1 de agosto de 2024


Hoxe o alcalde, Pérez Barral xunto ca concelleira de de Economía e Facenda, Herminia Pouso anunciaron á veciñanza que a partir de hoxe o aparcadoiro do Centenario pasa a abrir as 24 horas do día os sete días da semana.

O rexedor trasladou a satisfación do equipo de Goberno “estamos contentos de conseguir unha cuestión que para nós era prioritaria, que era o de facilitar o aparcadoiro céntrico para persoas que veñan a traballar, a comprar ou simplemente que necesitan facer un recado e que teñen a necesidade de deixar o coche nun espacio céntrico e a bo prezo”.

O rexedor comentou que se leva traballado ao longo dos meses para facer isto posible e que dende hoxe comeza a traballar a empresa que foi adxudicatarioa do servizo de consersería e xestión do aparcadoiro; “Cycle” (empresa de economía social) onde vai a prestar os seus servizos 24 h durante os 7 días da semana. Nos vindeiros meses se va a actuar na parte material; vaise mellorar o sistema de cobranza cuns novos caixeiros intelixentes, tamén se vai a cambiar o sistema de acceso, unha actuación que suporá investir preto de 170.000€. O rexedor avanzou tamén que nos vindeiros meses procederase a remodelar a praza do Centenario para eliminar as humidades e filtracións que ten o aparcadoiro, unha importante actuación por valor de 1.2 millóns de euros que facilitará ademais ordenar a praza e gañar espazos verdes.
“Con esas tres actuacións pretendemos que o aparcadoiro do Centenario sexa un aparcadoiro céntrico, accesible, renovado e que lle de servizo a toda a poboación de Ribeira. O alcalde lembrou que o aparcadoiro ten unhas tarifas moi económicas, xa é o aparcadoiro máis barato do Barbanza, pois por só euro e medio poderemos deixar o coche 2 horas e se mercamos no comercio local terase posibilidade de reducir esa contía” asegurou.

Herminia Pouso tamén manifestou a súa alegría e lembrou que xa se leva unha traxectoria dando pasos adiante para recuperar a xestión do aparcadoiro, e recordou que é unha infraestrutura que naceu en base a unha concesión de obra e servizo e que por avatares do mundo empresarial, esa empresa entrou en concurso de acreedores e estaba ata data de onte xestionada por unha administradora concursal.

Tamén fixo referencia a ordeanza fiscal que establece unhas tarifas asequibles para todos os cidadáns, informou das diferantes opcións para solicitar ser usuarios abonados e os beneficios do cambio de maquínaria en xeral con “software” de control de matrículas que vai a aportar unha maior eficiencia na xestión. Rematou engadindo que “desexa que isto cumpra cas espectativas dos riveirenses e por suposto dos visitantes que se vexan na obriga de facer uso da infraestrutura” concluíu.